Unha aplicación móbil permite contactar con salvamento nas praias coruñesas

CEUS APP introduce unha nova vía de comunicación directa entre bañistas e servizos de salvamento nas praias da Coruña.

Máis socorristas, máis limpeza e máis rapidez de asistencia en caso de emerxencia na praia. Nunhas horas comeza a tempada nos areais da Coruña.

Este ano hai unha novidade que chega desde o teléfono móbil para axilizar a comunicación entre os servizos de salvamento e os bañistas.

Botón de aviso directo a salvamento

A aplicación foi idea dun socorrista coruñés e conta cun botón do pánico que permite facer contacto rápido con salvamento.

O sistema marca o lugar exacto da incidencia, facilitando que os profesionais poidan coñecer a localización e actuar con maior rapidez.

Segundo contou o propio creador da APP, polo momento non hai unha aplicación destas características a nivel internacional.

Para esta tempada xa funcionarán as duchas, os accesos serán menos dos habituais, non haberá control de aforos e os bañistas recibirán unha bolsa para depositar o lixo.

Fonte: TV Galicia

Resumen de privacidad

CEUS WORLD, S.L. usa cookies técnicas para recordar tu elección y permitir el funcionamiento de la web. Si aceptas la categoría «Analítica», Google Analytics 4 mide visitas y páginas consultadas para mejorar ceus.app. No usamos aquí cookies publicitarias activadas desde este gestor.

Puedes aceptar o rechazar la analítica y cambiar tu decisión en cualquier momento mediante el botón de ajustes de cookies. Consulta la política de cookies.