Diana Cabanas destaca a importancia de apostar pola innovación e novos proxectos no II Encontro de Emprendemento

II Encontro de Emprendemento no mercado municipal de San Agustín

A concelleira visitou a feira no mercado municipal de San Agustín, na que se repartiron 8.000 euros en premios.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou este sábado o II Encontro de Emprendemento, que se celebrou durante toda a xornada no mercado municipal de San Agustín.

Esta iniciativa do Concello incluíu charlas inspiradoras, exposicións, networking e mesas redondas.

“Desde o Concello queremos premiar a creatividade e a iniciativa dos coruñeses e coruñesas que emprenden un negocio, apostando polos seus proxectos e dándolle visibilidade a través de iniciativas coma esta”, indicou a concelleira, que lembrou que a alcaldesa, Inés Rey, estableceu como prioridade desde o 2019 a implantación de políticas de respaldo ao emprendemento.

Neste sentido, o evento dirixiuse a entidades que traballan no ámbito do emprendemento e a proxectos empresariais que teñan iniciado a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2023, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal da Coruña.

O encontro ofreceu un espazo de exposición e interrelación entre emprendedores, entidades e o Concello, promovendo a cultura emprendedora, o intercambio de experiencias e a posta en valor dos recursos locais.

Ademais, os proxectos participantes optaron a catro premios económicos: premio ao proxecto máis innovador de 3.000 euros, premio ao mellor proxecto de economía social de 3.000 euros e dous premios ao proxecto con maior impacto local de 1.000 euros cada un:

  • Premio ao maior impacto local, 1.000 €: Proxecto AYENDO, asesorado por AECO.
  • Premio ao maior impacto local, 1.000 €: Proxecto Lo PRÓXIMO, asesorado por Cámara de Comercio.
  • Mellor proxecto de economía social, 3.000 €: Proxecto TAKO GROUP, asesorado por Unión Espazo Coop.
  • Proxecto máis innovador, 3.000 €: Proxecto CEUS APP, asesorado pola UDC.

A selección dos proxectos gañadores realizouse por unha comisión de valoración composta por persoal técnico municipal e representantes das entidades participantes. Os criterios de valoración incluíron a madurez da idea, a innovación, a viabilidade técnica e económica, a experiencia do equipo e o impacto territorial.

Con esta iniciativa, o Concello da Coruña reafirma o seu compromiso co emprendemento como motor de desenvolvemento económico e social da cidade.

Un artículo escrito por: Noticias

https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/diana-cabanas-destaca-a-importancia-de-apostar-pola-innovacion-e-novos-proxectos-no-ii-encontro-de/suceso/1453907087532?argIdioma=es

Resumen de privacidad

CEUS WORLD, S.L. usa cookies técnicas para recordar tu elección y permitir el funcionamiento de la web. Si aceptas la categoría «Analítica», Google Analytics 4 mide visitas y páginas consultadas para mejorar ceus.app. No usamos aquí cookies publicitarias activadas desde este gestor.

Puedes aceptar o rechazar la analítica y cambiar tu decisión en cualquier momento mediante el botón de ajustes de cookies. Consulta la política de cookies.