Turismo da Deputación presenta unha APP para mellorar o control e a seguridade nas praias da provincia.

 

O Náutico de Razo acolleu esta mañá a presentación da aplicación tecnolóxica para a mellora da seguridade e a comunicación nas praias da provincia da Coruña: un proxecto piloto que a Deputación está a desenvolver da man da empresa Ceus World, e que se está implantando nas praias de Barrañán (Arteixo), Razo (Carballo), Caión (A Laracha), O Vilar (Ribeira) e Pantín (Valdoviño).

O vicepresidente, Xosé Regueira e o responsable de Ceus World, David Varela, foron os encargados de explicar os detalles do proxecto, nun acto onde tamén participaron representantes dos concellos implicados: de A Laracha, o alcalde, José Manuel; de Carballo, a tenente de alcaldesa, Belén Lendoiro e o concelleiro delegado de medioambiente, praias e protección civil, Miguel Ángel Vales Mallo; de Ribeira, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez – Puerta Colomer e o concelleiro de sanidade, José Luis Furones e, de Arteixo, a concelleira de turismo, Patricia Amado.

Regueira puxo en valor a utilidade desta aplicación, «tanto para a recollida de datos como para a mellora da seguridade nas nosas praias: dúas cuestións prioritarias para esta administración». Neste sentido, apuntou, «os datos en tempo real tanto sobre os usuarios das praias, como sobre os rescates e incidentes, permitirannos ofrecer unha experiencia máis segura e, ao mesmo tempo, analizar o perfil que nos visita para avanzar en estratexias de planificación turística». O obxectivo: «que a experiencia turística sexa positiva, e que os nosos areais sigan destacando pola súa calidade e seguridade».

Pola súa banda, o CEO de Ceus World, David Varela, destacou a importancia de que «os concellos se involucren nos procesos de salvamento e socorrismo», e sinalou a principal finalidade da APP, que é «reducir os tempos de actuación dos servizos de emerxencia, e poder coñecer de antemán que está sucedendo nas praias, o que é vital para os socorristas». A nivel turístico, explicou que a aplicación servirá para «coñecer a procedencia dos visitantes» e, ademais, para mellorar a experiencia e seguridade «tamén de persoas con discapacidade auditiva ou motora».

Regueira rematou dicindo que «esperamos que esta proba piloto dea resultados positivos e se poida implantar na totalidade dos areais da provincia», e David Varela engadiu que, para iso, «necesitamos o compromiso de empresas e concellos, para actualizar a información e garantir a utilidade da aplicación».

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=24140

Abrir chat
Trataremos sus datos con el fin de posibilitar la comunicación entre ambas partes mediante WhatsApp. La base legal es su consentimiento y el interés legítimo de CEUS WORLD SL. Los datos no serán cedidos a terceros, ni se elaborarán perfiles ni decisiones automatizadas.
Tiene derecho al acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento, portabilidad de datos y a no ser objeto de decisiones individualizadas, automatizadas ante CEUS WORLD SL en la dirección de correo electrónico info@ceus.app. En caso de que no haya obtenido satisfacción en el ejercicio de sus derechos, puede presentar una reclamación ante la AEPD.