
O Concello informará das medidas anti-COVID nas praias con paneis e presenza persoal

Como novidade, A Coruña será unha das primeiras cidades do mundo en permitir contactar de forma directa co servizo de salvamento mediante unha aplicación móbil.
O Concello porá ao dispor da cidadanía a aplicación móbil CEUS, gratuíta e orientada a mellorar a comunicación nas praias da Coruña.
Contacto directo e xeolocalización da emerxencia
A aplicación permitirá contactar directamente co servizo de salvamento, que poderá xeolocalizar no momento calquera emerxencia.
Deste xeito, CEUS busca acurtar os tempos de resposta e facilitar a actuación dos profesionais ante calquera incidencia nos areais.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, destacou que A Coruña será unha das primeiras cidades do mundo en ofrecer este servizo tan completo.
A aplicación dará conta tamén das correntes e da cor das bandeiras que indican a perigosidade do baño, do índice de raios UVA, das condicións meteorolóxicas en tempo real e dos avisos que dean as e os socorristas en cada areal.
Así mesmo, CEUS lembrará como se realizan as técnicas de primeiros auxilios, ofrecendo información útil para a cidadanía durante a tempada de praias.
Fonte: Concello da Coruña