Diana Cabanas destaca a importancia de apostar pola innovación e novos proxectos no II Encontro de Emprendemento

 

A concelleira visitou a feira no mercado municipal de San Agustín, na que se repartiron 8.000 euros en premios

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou este sábado o II Encontro de Emprendemento, que se celebrou durante toda a xornada no mercado municipal de San Agustín. Esta iniciativa do Concello incluíu charlas inspiradoras, exposicións, networking e mesas redondas.

«Desde o Concello queremos premiar a creatividade e a iniciativa dos coruñeses e coruñesas que emprenden un negocio, apostando polos seus proxectos e dándolle visibilidade a través de iniciativas coma esta», indicou a concelleira, que lembrou que a alcaldesa, Inés Rey, estableceu como prioridade desde o 2019 a implantación de políticas de respaldo ao emprendemento.

Neste sentido, o evento de hoxe dirixiuse a entidades que traballan no ámbito do emprendemento e a proxectos empresariais que teñan iniciado a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2023, sempre que desenvolvan a súa actividade no termo municipal da Coruña.

O encontro ofreceu un espazo de exposición e interrelación entre emprendedores, entidades e o Concello, promovendo a cultura emprendedora, o intercambio de experiencias e a posta en valor dos recursos locais. Ademais, os proxectos participantes optaron a catro premios económicos: premio ao proxecto máis innovador de 3.000 euros, premio ao mellor proxecto de economía social de 3.000 euros e dous premios ao proxecto con maior impacto local de 1.000 euros cada un:

  • Premio ao maior impacto local (1.000 €): Proxecto AYENDO asesorado por AECO.
  • Premio ao maior impacto local (1.000 €): Proxecto Lo PRÓXIMO asesorado por Cámara de Comercio.
  • O mellor proxecto de economía social (3.000 €): Proxecto TAKO GROUP, asesorado por Unión Espazo Coop.
  • O proxecto máis innovador (3.000 €): Proxecto CEUS APP, asesorado pola UDC.

A selección dos proxectos gañadores realizouse por unha comisión de valoración composta por persoal técnico municipal e representantes das entidades participantes. Os criterios de valoración incluíron a madurez da idea, a innovación, a viabilidade técnica e económica, a experiencia do equipo e o impacto territorial.

Con esta iniciativa, o Concello da Coruña reafirma o seu compromiso co emprendemento como motor de desenvolvemento económico e social da cidade.

Un artículo escrito por: Noticias

https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/diana-cabanas-destaca-a-importancia-de-apostar-pola-innovacion-e-novos-proxectos-no-ii-encontro-de/suceso/1453907087532?argIdioma=es

Abrir chat
Trataremos sus datos con el fin de posibilitar la comunicación entre ambas partes mediante WhatsApp. La base legal es su consentimiento y el interés legítimo de CEUS WORLD SL. Los datos no serán cedidos a terceros, ni se elaborarán perfiles ni decisiones automatizadas.
Tiene derecho al acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento, portabilidad de datos y a no ser objeto de decisiones individualizadas, automatizadas ante CEUS WORLD SL en la dirección de correo electrónico info@ceus.app. En caso de que no haya obtenido satisfacción en el ejercicio de sus derechos, puede presentar una reclamación ante la AEPD.
Resumen de privacidad

La política de cookies de CEUS WORLD, S.L. describe el uso de cookies para mejorar la navegación y el servicio. CEUS WORLD, S.L. es responsable de las cookies y del tratamiento de los datos obtenidos.

Las cookies son archivos que se descargan al dispositivo del usuario al visitar la web, permitiendo almacenar información sobre hábitos de navegación. Hay diferentes tipos de cookies: técnicas (necesarias para el funcionamiento del sitio), de preferencias (recordar configuraciones como idioma), de análisis (estudio del uso del sitio) y de publicidad (mostrar anuncios personalizados).

El usuario puede desactivar o eliminar las cookies desde la configuración de su navegador. Para más detalles, se recomienda consultar la política de privacidad de CEUS WORLD, S.L.